Formulario para facerse SOCIOS da ANPA
Faite Socio da ANPA non o dubidedes!
Boas!
O curso comeza de novo o 11 de setembro e nos xa estamos quecendo os motores. Como cada ano pedimos a vosa colaboración facéndoos socios da ANPA.
Estas son algunhas razóns polas que cremos debes unirte a ANPA:
1. Pola importancia de achegar aos Consellos Escolares a presenza de nais e pais organizados para defender os dereitos en común e non só individuais.
2. Porque é nosa responsabilidade participar na educación das nosas fillas e fillos.
3. Pola necesidade de presentar unha fronte común á hora de reivindicar aspectos que axuden a mellorar a calidade do ensino.
4. Porque existe un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida escolar do centro.
5. Porque se as nais e os pais non son activos e colaborativos, como lles podemos explicar ás nosas fillas e fillos que deben implicarse nunha sociedade na que poidan e deben expresarse, participar e responsabilizarse do seu futuro?.
A cuota é de 20€ anuais e por familia ainda que no cole vaia máis dun fillo e o pago faise na conta ES4220805087623000073953. En concepto poñede o NOME D@ ALUMN@
Deixámosvos o ficheiro de inscrición online neste enlace.
GRAZAS POLA CONFIANZA, O APOIO E ¡¡¡Feliz curso 23/24!!!