Comedor
Nunha etapa de crecemento e desenvolvemento cognitivo como é a etapa educativa, a alimentación saudable xoga un papel fundamental para que as nenas e nenos poidan afrentar todos os retos que se lles presentan diariamente. Dende a ANPA somos conscientes da importancia de que a rapazada acceda a unha alimentación de calidade e por iso confiamos en Calidus, que é un catering que ofrece alimentos frescos e de calidade nutricional axeitada.
Todos os meses teredes o menú no que se inclúen suxerencias para as ceas. Os nenos son atendidos por monitores tralo remate das clases (de 14:00 a 15:45 horas). Despois da comida os nenos xogan nos patios do colexio e sala de usos múltiples.
As recollidas das nenas e nenos farase en dúas quendas:
1ª quenda | 15:15h |
2ª quenda | 16:00h |
Os usuarios do comedor que vaian sós para casa teñen que presentar unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores legais.
Os prezos de comedor (subvencionado por FOANPAS e ANPA) para o curso 2022/23 son:
5 días semanais | 79€/mes |
4 días semanais | 65,50€/mes |
3 días semanais | 52,50€/mes |
2 días semanais | 36,50€/mes |
1 día semanal | 18,50€/mes |
Días extra fixos | 5€/comida |
Semanas alternas | 20€/semana |
Esporádicos | 6€/comida |
O pago dos recibos farase por adiantado nos 10 primeiros días do mes no número de conta ABANCA:
IBAN: ES23 2080 5087 6230 4001 1426
Beneficiario: ANPA Mestres Goldar
No caso de non facelo o/a neno/a non poderá seguir asistindo ó comedor.
Bolseiros: O/A pai, nai, titor do/a alumno/a, deberá asinar o listado de becas. No caso de non asinalo, poderá perder a axuda.
Lembramos a importancia de informar da anulación de pratos ou de pedidos de dieta, para o cal debe enviarse un Whatsapp ou chamar ao 644577635 antes das 9:30 h. O/as bolseiro/as tamén teñen que avisar, se non poden perder a axuda.
Asimesmo, para un cambio de horario de recollida ou retraso puntual débese chamar as monitoras no 644886692 a partires das 13:30h.
En caso de alerxias con réxime especial deberán aportar un informe médico e unha autorización conforme pode asistir ó comedor escolar.