Medrando xuntos

Patrulla cativa

A Patrulla Cativa créase ao inicio do curso escolar 2021/22 pola necesidade de estar máis en contacto coa natureza, de vivir momentos coas nosas fillas e fillos ao aire libre e de compartir estas experiencias con outras familias do noso colexio. A verdade, é que a Patrulla Cativa é un espazo onde tentamos concienciar á rapazada do importante que é cuidar da nosa contorna. Ser máis conscientes de que os nosos actos repercuten na natureza e, polo tanto, en nós mesmos.

Por iso, un domingo ao mes xuntámonos nunha área verde ou nunha praia da cidade para limpala. Imos sempre cargados con luvas e bolsas, mais tamén con merenda para recargar enerxías e que as rapazas e os rapaces xoguen, exploren e investiguen na natureza.

Próxima convocatoria:
Castrelos: Domingo 29 de Xaneiro ás 11h
A patrulla precisa de ti!

AVISO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptes la política de privacidad y la política de cookies.