Medrando xuntos

Anotádevos

Estas son algunhas razóns polas que cremos debes unirte a ANPA:

  • 1.Pola importancia de achegar aos Consellos Escolares a presenza de nais e pais organizados para defender os dereitos en común e non só individuais.
  • 2.Porque é nosa responsabilidade participar na educación das nosas fillas e fillos.
  • 3.Pola necesidade de presentar unha fronte común á hora de reivindicar aspectos que axuden a mellorar a calidade do ensino.
  • 4.Porque existe un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida escolar do centro.
  • 5.Porque se as nais e os pais non son activos e colaborativos, como lles podemos explicar ás nosas fillas e fillos que deben implicarse nunha sociedade na que poidan e deben expresarse, participar e responsabilizarse do seu futuro?


A cota anual de socio da ANPA Mestres Goldar é de 20€ ao ano por unidade familiar (pódese financiar). Con ela financiamos todas as actividades e eventos que organizamos. É a nosa principal fonte de financiamento e sen ela, e o traballo voluntario de nais e pais, a ANPA non existiría.

Se aínda non formas parte da ANPA, solicita a túa inscrición a través deste formulario, paga a cota e porémonos en contacto contigo para confirmalo.



Únete!

AVISO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptes la política de privacidad y la política de cookies.