Blog



Faite socio, colabora coa ANPA!

Boas!


O curso comeza de novo o 8 de setembro e nos xa estamos quecendo os motores. Como cada ano pedimos a vosa colaboración facéndoos socios da ANPA.

Estas son algunhas razóns polas que cremos debes unirte a ANPA:

1. Pola importancia de achegar aos Consellos Escolares a presenza de nais e pais organizados para defender os dereitos en común e non só individuais.
2. Porque é nosa responsabilidade participar na educación das nosas fillas e fillos.
3. Pola necesidade de presentar unha fronte común á hora de reivindicar aspectos que axuden a mellorar a calidade do ensino.
4. Porque existe un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida escolar do centro.
5. Porque se as nais e os pais non son activos e colaborativos, como lles podemos explicar ás nosas fillas e fillos que deben implicarse nunha sociedade na que poidan e deben expresarse, participar e responsabilizarse do seu futuro?.

A cuota é de 20€ anuais e por familia ainda que no cole vaia máis dun fillo.

Deixámosvos o ficheiro de inscrición online neste enlace.

AVISO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptes la política de privacidad y la política de cookies.